Novos detalles da versión para iPhone de Street Fighter IV

martes, 23 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Tras o seu paso por Xbox 360, PlayStation 3 e PC, a conversión para iPhone e iPod Touch do xogo Street Fighter IV está a captar moita atención, pois indicaría que este título de loita podería explotarse en dispositivos móbiles, e finalmente dende Gamepro detallaron que esta entrega da franquía de loita chegará á App Store durante o mes de marzo a un prezo de 9,99 dólares (polo que poderiamos agardar que custase 7,99 euros en España) e confirmaron que entre os loitadores a elixir están os clásicos Ryu, Ken , Guile, Blanka, Chun-Li, Dhalsim e M. Bison (vellos coñecidos dende o Street Fighter II) aos que incorpórase Abel (personaxe que propio do Street Fighter IV), quedando bastante lonxe dos 17 personaxes xogables da versión de consola.
Tamén podemos ver un vídeo do xogo en funcionamento, e aínda que as animacións parecen fluídas, queda por ver se o seu control baseado en mandos virtuais sobre a pantalla táctil dos terminais de Apple permite unha boa experiencia de xogo, o que é a principal dúbida sobre este título e, de superarse este atranco, poderiamos estar ante o primeiro de moitos títulos deste tipo portados a terminais táctiles.


Demostración do funcionamento real do xogo

PUBLICIDADE