Novos portátiles Sony Vaio Z

martes, 15 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Sony renova a súa liña de portátiles, e aparte de novos Vaio FW, pensados para a reprodución multimedia, parece que o fabricante nipón se está a esforzar máis nos Vaio Z, que apostarían pola alta portabilidade, pois pesan 1,3 Kg e a súa pantalla é de só 13,1 polgadas (aínda que presentan unha excelente resolución de 1.600 x 900 píxeles nalgún dos modelos). Ademais, estas pantallas son tipo XBRITE-DualView, o que mellora a súa resistencia ás rabuñaduras.
Estes equipos sorprenden polo seu con teclas separadas, o que agardan que mellor o seu rendemento (os evitaría moitos erros de tecleo). Contan cun procesador Centrino 2, Wi-Fi (IEEE 802.11n), opción para conectividade móbil sen fíos e mesmo opción de integrarlle unha unidade lectora de Blu-ray, do que podería tirarse especial proveito grazas á saída HDMI incorporada.
Para incrementar a súa autonomía, estes portátiles inclúen un sistema gráfico híbrido que permite conmutar ao voo entre un modo de alto rendemento e outro de baixo consumo. Tampouco lle falta lector de pegadas dixitais, lector de tarxetas de memoria, 3 portos USB, FireWire e fenda para PC Card.
O prezo dos novos Vaio Z vai dende os 1.800 dólares dos modelos con disco duro ata os 2.300 dólares no caso de optar por discos de memoria sólida.

PUBLICIDADE