Numerosas páxinas web celebran o Día dos Santos Inocentes enganando aos seus visitantes

luns, 28 de decembro do 2009 Marcus Fernández

A plataforma de redes sociais galega Cabozo presentaba unha suposta mensaxe na que avisaba de ter sido atacada por un grupo de hackers ¿de Galicia Bilingüe?

Un ano máis o 28 de decembro é a data elixida por moitos españois para gastar bromas aos seus amigos para celebrar o Día dos Santos Inocentes, e na Internet o evento aínda está máis presente, posto que moitos medios dixitais, blogs e usuarios aproveitan a celebración para botar a andar á súa imaxinación e publican informacións falsas coa intención de causar a risa dos usuarios finais.
Este ano puidemos ler cousas como que Apple podería lanzar unha versión de Mac OS X para PC (algo que dende Apple desmentiron varias veces no pasado) e que tería por nome PC OS X, o peche de Spotify, a fichaxe de Richard Stallman por parte de Microsoft, dende o blog No Puedo Creer anuncian a creación dun filtro que obriga a escribir con faltas coñecidas comunmente coma HOYGAN, Wordpress 3.0 precisará para funcionar o Internet Information Server de Microsoft, venden condesadores de fluzo (coma o da película Regreso al futuro), atacan a webs galegas coma Cabozo dende un colectivo hacker afín a Galicia Bilingüe e mesmo que a operadora galega R busca cambiar de nome comercial.
Tampouco faltaron outras bromas que repiten case anualmente, non destacando ningunha inocentada, especialmente se o comparamos coa celebración do Primeiro de Abril, que ten unha escala máis internacional, de xeito que percíbese moito mellor na web.

PUBLICIDADE