Nun par de semanas ICANN podería dar luz verde ao dominio .gal

martes, 4 de xuño do 2013 Marcus Fernández

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, e o presidente da Asociación PuntoGal, Manuel González, durante a sinatura do convenio de colaboración entre ambas entidades

O proceso de avaliación inicial de novos dominios de Internet que está a desenvolver ICANN, para dar pé a un novo escenario no que en poucos meses teremos centos de dominios de primeiro nivel activo, evolucionou a bo ritmo durante o mes de maio, de xeito que o número de solicitudes está a achegarse á candidatura galega para facer realidade o dominio .gal para a lingua e a cultura galegas.
Dende ICANN están a dar conta semanalmente da evolución do proceso, que o 3 de maio aprobara 244 solicitudes, 300 o día 10 e 341 o 17, para dar un importante salto o día 24 a 433 e rematar o mes con 514, ás que habería que sumar 67 dominios non aprobados, polo que estariamos a só 142 postos da candidatura galega, polo que é moi probable que o vindeiro 14 de xuño pase este agardado trámite, entrando na recta final para convertelo nunha realidade para o ano que vén, en boa medida porque o proceso de creación de novos dominios de primeiro nivel estableceu uns máximos de activacións diarias para garantir a integridade do sistema de nomes de dominio da Internet.

PUBLICIDADE