Nun par de semanas Sportsfriends chegará a PS3 e PS4

venres, 25 de abril do 2014 Marcus Fernández

Tras trunfar en Kickstarter e varios meses de traballo, Douglas Wilson, Ramiro Corbetta, Bennett Foddy e Noah Sasso conseguiron completar o desenvolvemento de Sportsfriends, un compendio de catro xogos multi-xogador local (Johann Sebastian Joust, BaraBariBall, Super Pole Riders e Hokra) de xeito que a partir do 7 de maio os usuarios de PlayStation 3 e 4 poderán facerse con este divertido título por 13,99 euros, mentres que para ordenadores persoais haberá que agardar varias semanas máis para poder gozar desta produción que busca converterse nun grande divertimento colectivo.

Johann Sebastian Joust é posiblemente o xogo que fai o uso máis orixinai de PS Move


Os xogos permitirán competir en local, cunha ampla variedade de modos e de axustes, soporte de trofeos de PSN e a posibilidade de empregar PlayStation Move en Johann Sebastian Joust, título que permitirá ata 7 xogadores en PS3 e ata 4 xogadores en PS4. Os usuarios que merquen o título para PS3, tamén poderán xogalo sen custo adicional en PS4.


Trailer de lanzamento de Sportsfriends

PUBLICIDADE