O 21 de abril inaugúrase a Biblioteca Dixital Mundial
luns, 6 de abril do 2009
- A nova ferramenta incluirá funcións de tradución automática para facer máis accesibles os seus contidos
A UNESCO e 21
institucións asociadas estrearán publicamente o vindeiro 21 de abril a Biblioteca Dixital Mundial, unha
iniciativa que pretende ofrecer virtualmente manuscritos, mapas, libros,
partituras, gravacións, pelÃculas, gravados e fotografÃas procedentes de
bibliotecas e arquivos repartidos por
todo o mundo e no que se traballa dende hai preto de 4 anos.
A
Biblioteca do Congreso dos EE.UU. foi a promotora e desenvolvedora deste
proxecto, aÃnda que logo foi incorporando achegas doutras entidades, de
xeito que a exipcia Biblioteca de AlexandrÃa proporcionou asistencia técnica, a
Biblioteca Nacional de China subministrou información sobre osos e estrelas, a
Biblioteca Nacional de Brasil fixo o propio con fotografÃas de América Latina…
e non só as achegas veñen de todo o mundo, senón que o novo espazo dixital
cultural tamén estará aberto globalmente, funcionando dende o principio en
inglés, francés, español, chinés, árabe, portugués e ruso, e incorporando tamén
ferramentas de tradución para facilitar a difusión dos seus contidos.