O 43,06% das empresas TIC galegas contratan mulleres especialistas en tecnoloxÃa
luns, 7 de marzo do 2022
O
43,06% das empresas que empregan especialistas en tecnoloxÃa en Galicia
contratan mulleres con esta especialidade, unha porcentaxe que soamente
superan Madrid, cun 44,26% e Estremadura cun 43,94%, segundo os datos do
Instituto Nacional de EstatÃstica.
O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización
de Galicia (OSIMGA) destaca, asà mesmo que, de acordo co estudio realizado
sobre a inserción laboral do Sistema Universitario de Galicia, a porcentaxe de
mulleres que se manteñen empregadas en especialidades STEM (Ciencia,
TecnoloxÃa, EnxeñarÃa e Matemáticas) nos dous primeiros anos tras obter o
tÃtulo é dun 83,9%, lixeiramente superior á de homes, que é dun 83,3.
A pesares das excelentes perspectivas de inserción laboral
nos sectores tecnolóxicos, cun crecemento do emprego dun 23% entre 2015 e 2020,
soamente o 20% dos 3.660 empregos creados nese quinquenio foron mulleres.
A fenda de xénero reflÃctese tamén no feito de que nas
empresas de tecnoloxÃa soamente o 1% das mulleres ocupa postos directivos
fronte ao 5,8% de homes. Atendendo ás funcións que desenvolven nas empresas, só
o 14,7% están dedicadas a funcións tecnolóxicas fronte ao 49,3% de homes. No
caso de funcións non especificamente tecnolóxicas (administrativas,...) a
tendencia invértese e a presenza de mulleres (16,2%) supera aos homes (13%).
Segundo datos do OSIMGA, no 2020 foron 5.885 as
traballadoras nos sectores tecnolóxico afiliadas á Seguridade Social, valor que
se mantivo asà estable respecto a 2019. A pesar disto, continua o crecemento da
fenda de xénero nestes sectores, debido a que a o incremento do número de homes
continuou no último ano.
Mulleres con formación superior STEM en Galicia
En Galicia, a porcentaxe de tituladas nas carreiras
denominadas STEM é moi inferior ao de titulados nas especialidades máis
tecnolóxicas (16,8% de mulleres) e nas enxeñarÃas (38,5%). Sen embargo en
Matemáticas a proporción de tituladas é moi próxima a dos titulados e nas
ciencias naturais, as mulleres son maiorÃa (66,1%).
A inserción laboral de ambos sexos é moi semellante, de máis
do 83% en ámbolos dous casos.
Os salarios das mulleres mesmo superan aos dos homes cando
son tituladas nas carreiras en que son minorÃa (TecnoloxÃas e EnxeñarÃas),
mentres quedan por detrás en Ciencias e Matemáticas.
Hai maior porcentaxe de mulleres tituladas STEM traballando
nos sectores de HostalarÃa, Outros servizos, Administración e Primario. Mentres
tanto, máis porcentaxe de homes atopan acomodo laboral nas Industrias xerais,
no Sector TIC e nas Actividades de servizos profesionais.
A formación superior STEM comprende as especialidades de
Ciencias Naturais, TecnoloxÃas, EnxeñarÃas e Matemáticas. Son as máis
relacionadas coa capacitación persoal cualificado para os sectores máis
tecnolóxicos.
Actuacións para o fomento das vocacións STEM entre as nenas
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
traballa en tres liñas chave para captar e reter talento: aumentar o
recoñecemento social das profesións tecnolóxicas; promover o papel de dirección
e liderado destas profesionais e deseñar proxectos atractivos profesionalmente
cun elevado compoñente de impacto económico e social.
Entre as actuación en marcha destaca o Plan para a Promoción
do Talento Dixital de Galicia (DigiTalent), e a actuacións como o programa Girl
STEAM ou a elaboración do documental Mulleres na Informática: Marxe de Erro.