O BNG estrea unha web para agrupar os seus blogues

mércores, 7 de maio do 2008 Marcus Fernández

Onte comezou a funcionar unha páxina web que funciona a xeito de agregador de contidos, polo que dende unha única web podemos acceder aos textos escritos nos distintos blogs escritos por cargos orgánicos e institucionais do Bloque Nacionalista Galego.
Algúns dos políticos que se agrupan baixo a web de Blogs Nacionalistas Galegos son Anxo Quintana, Olaia Fernández e Francisco Jorquera, aínda que tamén participan numerosos representantes municipais do BNG ata sumar un total de 17 blogues.
A nova web funciona mediante o sistema de código aberto Gregarius, e serve para mellorar a comunicación entre a cidadanía e os seus representantes.

PUBLICIDADE