O BNG presenta as bitácoras de sete candidatos do partido á alcaldía das principais cidades galegas

xoves, 15 de marzo do 2007

A secretaria de comunicación do BNG, María Xosé Bravo, vén de presentar as bitácoras dos candidatos do seu partido ás alcaldías das sete principais cidades galegas. Grazas a Internet, os blogs serviranlles ós futuros alcaldes nacionalistas como “ferramentas de diálogo coa cidadanía” e segundo sinalou Bravo este medio de comunicación “actuará como complemento a canles máis convencionais” e “carece da rixidez de outros medios”. O obxectivo do partido nacionalista é que esta iniciativa sexa un modelo a seguir por candidatos á alcaldía doutros concellos máis pequenos, e se acaden en total unhas cen bitácoras persoais coa mesma función.

PUBLICIDADE