O CESGA anuncia a incorporación de novos servidores para o Superordenador Virtual Galego
luns, 12 de xaneiro do 2015
O Centro de
Supercomputación de Galicia (CESGA)
vén de reforzar o Superordenador Virtual Galego (coñecido como SVG)
cunha serie de novos nodos de cómputo e almacenamento. Con esta
ampliación mellorarase tanto o tempo de resposta ás demandas de
cálculo dos usuarios como a eficiencia enerxética do Centro. Estes
traballos de optimización do SVG constan de dúas partes. Por unha
banda a relativa de nodos de cálculo, que é a primeira parte da
ampliación e que ten por obxectivo aumentar a capacidade de cómputo
engadindo 18 nodos de cálculo ao actual SVG.
Por outra banda, a que
atinxe aos nosos de almacenamento, que é a segunda parte da
iniciativa e que se basea en mellorar o sistema de almacenamento co
que conta na actualidade o supercomputador. Do que se tratarÃa é de
engadir cinco novos nodos de almacenamento ao clúster.
Xa nun plano máis
detallado, a ampliación relativa aos nodos de cálculo comporÃase
de 18 nodos coas seguintes caracterÃsticas:
· Modelo: HP ProLiant
XL230a Gen9
· Tipo de chasis: HP
Apollo a6000
· Procesadores: 2
procesadores Intel Xeon E5-2680v3 cada un con 12 núcleos de proceso
· Número de total de
cores por nodo: 24 cores
· Memoria RAM: 64GB
DDR4-2133
· Conectividade MPI:
Infiniband FDR Mellanox ConnectX-3 de 2 portos
· Conectividade de rede:
4 portos GbE, con opción de usar os portos da tarxeta Infiniband
como 40GbE ou 10GbE
· Número de discos: 2
discos HP 1TB 6G 7.2K RPM SFF SC MDL
· Consumo eléctrico:
370W
No que respecta aos nodos
de almacenamento, os traballos de mellora implican a incorporación
de cinco unidades de almacenamento coas caracterÃsticas que citamos
de seguido:
· Modelo: HP ProLiant
DL380 Gen9
· Número de discos: 12
discos HP 2TB 6G 7.2K RPM LFF
· Memoria RAM: 64GB
DDR4-2133
· Conectividade de rede:
2 portos 10GbE e 4 portos GbE
· Procesadores: 2
procesadores Intel Xeon E5-2620v3 cada un con con 6 cores
· Consumo eléctrico:
285W