O COETTGA salienta a ciberseguridade e o rol das tecnólogas en Galicia

xoves, 11 de febreiro do 2021 Redacción

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia (COETTGA) celebra o Día da Muller e as Nenas na Ciencia poñendo en valor o crecemento exponencial feminino nas carreiras STEM e en concreto na Enxeñería Técnica de Telecomunicacións en Galicia.
Malia estes datos, a inclusión das mulleres no sector das telecomunicacións da como resultado impactos positivos para o desenrolo e a innovación do sector. Ademais, é vital para a competitividade de calquera empresa e multiplica o talento potencial da mesma.

Os datos das telecos galegas

Hai unha tendencia clara, as rapazas e as mulleres cada vez teñen máis presencia no campo das Telecomunicacións e da Tecnoloxía. Hai unha década a presenza das mulleres que estudaban Enxeñería Técnica de Telecomunicacións limitábase ao 10-15% dependendo da área xeográfica. Hoxe en día supera o 30%, e en certas zonas de España o 50%.
“En Galicia, estamos na media, acadando unha presenza cada vez máis preto do 40%, e con proxectos e iniciativas de calado” - afirma Patricia Agrelo, a parte de ser a Secretaria do COETTGA é membro da directiva da Asociación Española de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións (AEGITT) , tamén desenvolve unha tarefa importante a nivel nacional dende MiRED (Rede de Mulleres Enxeñeiras), dende onde visibilizan o traballo da muller dentro do sector das telecomunicacións e das carreiras STEM.
“A percepción que temos dende MiRED é que na maioría dos casos as rapazas teñen identificado que esta é a carreira que queren estudar, pero non encontran a orientación concreta; mellor dito, saben ao que queren dedicarse, pero non ven claro que a través do Grao en Enxeñaría de Telecomunicacións poidan desenvolver tantas capacidades profesionais, dende a ciberseguridade, tecnoloxías de comunicación, desenvolvemento de ferramentas como as redes sociais, ou proxectos relacionados cos drons, coa telefonía, a radio e ou a televisión, entre outros moitos....” – salienta Agrelo.

Semana da Internet Segura. Falamos de Ciberseguridade

Hoxe en día todo xira en torno a esa nube e a esa Rede na que ineludiblemente todos pasamos por ela, aínda que non queiramos. A veces para tramitacións coa Administración, outras veces en chamadas telefónicas aparentemente tradicionais pero que veñen derivadas de teléfonos IP. Xa non falemos das redes sociais e servizos de mensaxería instantánea, que son a rutina que guía o noso día a día. Dende que abrimos os ollos pola mañá ata que os pechamos cada noite.
Como dato curioso, actualmente, WhatsApp está manexando en torno a 120mil millóns de mensaxes diarios. Un aumento exponencial, dado que fai catro anos a cifra era exactamente a metade.
Este foi o motivo principal polo que Facebook comprou WhatsApp. Polos datos e a información que estos conteñen. Pola Big Data.
“¿Pensastes algunha vez en como se trata esa información? ¿Canta información estamos facilitando diariamente en máis de 120 mil millóns de whatsapps? ¿se a isto lle sumamos a información derivada das redes sociais? Onde amosamos o día a día de cada quen. É xusto o que calquera empresa ou Goberno quixo ter sempre, información e imaxes actuais de cada un de nós” – afirma o Decano do COETTGA, José Manuel Martínez.
Unha cousa está clara. Que a seguridade como ferramenta en sí existe, implementada de moitas maneiras nas diferentes aplicacións dispositivos. Tanto a nivel hardware, como software. Isto é grazas ao traballo dun colectivo profesional como son os telecos, os graduados e enxeñeiros técnicos de telecomunicacións. E cabe destacar a profesionalidade e desenvolvemento dos graduados galegos, así como o bo facer das mulleres enxeñeiras, que lideran gran parte dos proxectos de novas tecnoloxías e cada vez teñen máis presencia no sector.
Por último dende o COETTGA transmiten algunhas recomendacións ao respecto:
- Nunca deixes de aprender. É o primeiro paso, busca información e contacta con profesionais especializados.
- Mantén actualizado o software: sistema operativo, programas, navegador, etc.
- Instala un antivirus e anti-malware confiable, tanto no ordenador como no teu smartphone ou tablet.
- Inspecciona o sistema polo antivirus de forma periódica.
- Usa contrasinais complexas: 8 caracteres como mínimo, usa díxitos, letras, maiúsculas, minúsculas e caracteres especiais.
- Usa unha boa devasa ou firewall.
- Non abras correos electrónicos sospeitosos.
- Fai copias de seguridade periodicamente.
- Evita conectarte a redes públicas.
- Desactiva a Wi-Fi e o bluetooth sempre que sexa posible.

PUBLICIDADE