O CPEIG e Euro-Funding organizan este xoves un webinar sobre financiamento público no sector TIC

mércores, 10 de xuño do 2020 S. P.

O Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza este xoves 11 de xuño, en colaboración con Euro-Funding, un webinar sobre oportunidades de financiamento para o sector tecnolóxico. A sesión celebrarase a partir das 11:00 horas, e será impartida pola responsábel de proxectos do equipo de innovación de Euro-Funding, Noelia Cambil.
A relatora falará sobre as convocatorias dispoñíbeis para o desenvolvemento de proxectos dentro do sector tecnolóxico, ademais doutros instrumentos como as deducións fiscais asociadas á realización de iniciativas de innovación tecnolóxica e as bonificacións aplicadas a persoal investigador para a redución do 40% das achegas á Seguridade Social que efectúa a empresa por continxencias comúns. As persoas interesadas en participar teñen unha ligazón específica para facelo.

PUBLICIDADE