O Certame Nacional Fernando Quiñones premia unha curta galega de animación

martes, 2 de outubro do 2007 Raquel Noya

A curta de animación O Bufón e a Infanta, dos estudos Dygra Films e dirixida por Juan Galiñanes, vén de recibir o segundo premio na modalidade de animación dixital no VIII Certame Nacional Fernando Quiñones que organiza o Concello de Cádiz.
O obxectivo deste certame, que abrangue nove modalidades correspondentes a outras tantas expresións artísticas, é “incentivar ós mozos creadores recoñecendo o seu potencial artístico e impulsando a súa creatividade”.
Aínda que este é o primeiro galardón que recibe a curta de Galiñanes (feita facendo uso das máis innovadoras tecnoloxías ó servizo da animación), O bufón e a Infanta ten por diante un longo camiño por percorrer a través doutros festivais como son Animadrid, o Festival de Curtas de Ponferrada, Sitges Festival 07 ou Animador 2007, que xa a teñen seleccionada para as súas seccións oficiais.

PUBLICIDADE