O Concello de Melide xa recibe os servizos de R

martes, 5 de maio do 2009 Marcus Fernández

Imaxe das obras de despregamento de R en Melide <a href="http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2008/12/10/0003_7382860.htm">publicada en La Voz</a>O operadora galego do cable, R, xa ofrece os seus servizos na vila coruñesa de Melide, de xeito na actualidade 1.500 dos 3.500 fogares e empresas melidenses poden contratar os servizos integrados de teléfono, Internet, televisión e móbil da compañía tras completarse a primeira fase das tarefas de despregamento de rede no núcleo urbano.
Está previsto que en breve acometan as obras de despregamento da rede de R na rúas do Progreso, San Roque e a Avenida de Lugo, para o que precisan da obtención das licenzas necesarias, agardando que os traballo de obra civil finalicen o vindeiro mes de xullo, co que completarían a instalación de 5 quilómetros de fibra óptica a través duns 3,2 quilómetros de obra civil. Tamén está prevista a instalación dunha cabina telefónica de R na rúa Alexandre Bóveda (antes Marín Freire), achegando a competencia á telefonía pública local.

PUBLICIDADE