O Concello de Ribeira brinda unha masiva oferta formativa anti-COVID: 88 cursos de balde e online
xoves, 30 de abril do 2020
Debido á actual
situación na que nos vemos envoltos, utilizar este tempo no noso
fogar para potenciar as nosas habilidades, crear un mellor perfil
profesional e académico e xerar maiores probabilidades de
contratación en futuros empregos tras o confinamento, é unha das
mellores formas de combater a situación económica actual. Por
iso, o Concello de Ribeira a través da súa nova
iniciativa Ribeira Academy,
aposta pola formación onlinecoa maior oferta
gratuÃta neste eido na historia da comarca de Barbanza, erixÃndose
nunha das medidas articuladas para facer fronte ao actual estado de
alarma xerado pola COVID-19, tal e como explicou o alcalde Manuel
Ruiz.
Inscricións dende as cero horas do
1 de maio
Consiste
en 88 cursos online
en múltiples disciplinas para un total de 1.000 prazas. O prazo de
inscrición comeza o DÃa de Traballo, 1 de maio, e finalizará en
canto se esgoten as prazas dispoñibles. Como requirimentos para
realizar esta formación integramente virtual
tan só serán ser maior de
16 anos e estar empadroado/a en Ribeira. Os interesados e as
interesadas poderán anotarse no curso que desexen a través propia
web, onde cada un deles conducirá a un formulario no que cómpre
introducir unha serie de campos (nome, DNI, teléfono e enderezo
electrónico). Como máximo cada usuario poderá escoller un
curso,cunha excepción: no caso de inscribirse nalgún de Office,
Adobe Photoshop ou idiomas poderá compaxinalo con outro da
oferta.
Ribeira.
Academy é unha
medida deseñada especialmente para persoas en desemprego,
traballadores en ERTE, profesionais autónomos e traballadores de
PEMES, con todo, todos os habitantes poderán solicitar o curso que
desexen e adquirir a súa praza.
Dende a súa inscrición, os
usuarios dispoñen de 3 meses para poder
completalo, cunha forma
integramente online 24 horas do dÃa, calquera dÃa da semana.
20 categorÃas
Os
alumnos-as recibirán un diploma acreditativo ao finalizar o
curso.
Pódese elixir entre unha gran variedade de materias
formativas (hai 20 categorÃas) e horas de duración (entre 10 e 210
horas), desde un curso de idiomas ata formación en nutrición e
saúde. Tamén se ofertan cursos en áreas máis técnicas como
programación ou sistemas e bases de datos, que sen dúbida serán
competencias moi demandadas na dixitalización que experimenta o
mercado.
Toda a información sobre Ribeira Academy e as
particularidades desta oferta formativa poderanse consultar de forma
detallada en http://www.ribeira.academy/
unha vez abra o prazo de inscrición.