O DNIe 4.0 chega a todo o territorio español

luns, 2 de agosto do 2021 Marcus Fernández

En virtude do Regulamento UE 2019/1157 do Parlamento Europeo e do Consello de 20 de xuño de 2019 sobre o reforzo da seguridade dos documentos de identidade dos cidadáns da Unión Europea e para facilitar que poidamos exercer o noso dereito de libre circulación, entra o funcionamento o DNI electrónico 4.0, que cumpre cos criterios harmonizados a nivel europeo, o que percibiremos pa aparición da bandeira da UE coas siglas do Estado no interior.
Aínda que o novo DNI leva en probas dende xuño, agora será o único formato que se expida, aínda que polo momento seguirán pedido que o cidadán achegue unha fotografía (detalle que desaparecerá en breve, xa que a captación da imaxe realizarase in situ).
Estamos ante o primeiro de varios pasos para a modernización do DNI, que en breve contará cun sistema de expedición semiautomático chamado DNI Exprés que facilitará a renovación de certificados dixitais e o pagamento de taxas mediante tarxeta bancaria; e xa de cara ao ano que vén estrarase unha aplicación chamada DNIe en el móvil que permitirá empregar o smartphone a xeito de DNI oficial do mesmo xeito a como podemos facer agora co carné de conducir coa aplicación miDGT.

Elementos que conforman no DNI electrónico 4.0

PUBLICIDADE