O Everest xa ten cobertura de telefonía móbil

mércores, 14 de novembro do 2007

Onte o monte Everest estreou unha estación de telefonía móbil da operadora China Mobile a 6.500 metros ó nivel do mar, sendo a primeira estación deste tipo a tal altitude, e servirá ós montañeiros que porten o facho olímpico co gallo dos Xogos de Pequín de 2008, o que tamén será todo un reto, xa que manter a chama viva a unha presión e temperatura moi baixas non é unha tarefa doada.
A subida do facho olímpico ó Everest será retransmitida en directo, aínda que non se concretou a data de tal evento, pois depende das condicións climatolóxicas (agardándose para o vindeiro mes de maio).

PUBLICIDADE