O Firefox 2.0 chegará cunha festa internacional

luns, 23 de outubro do 2006 Marcus Fernández

O inminente lanzamento do Firefox 2.0 levou á Fundación Mozilla a suxerir a organización dunha festa internacional que se celebrará o vindeiro 27 de outubro. As festas son de asistencia gratuíta (podendo os interesados apuntarse nas webs dos respectivos eventos) e incluso está xa programada unha na vila de As Pontes, da man da Asociación Informática Amigus.
Ata o momento hai xa 363 festas anunciadas, e a tenda de Mozilla nos EE.UU. xa estreou camisetas para a ocasión, que resultará especialmente interesante pola súa globalidade, xa que incluso chegará á Antártica.

PUBLICIDADE