O Firefox quere celebrar o seu 5º aniversario iluminando o Mundo

mércores, 28 de outubro do 2009 Marcus Fernández

O vindeiro 9 de novembro o navegador web da Fundación Mozilla celebrará o seu quinto aniversario, polo que están a facer un chamamento aos seus seareiros para deixar constancia desta celebración a través da campaña Ilumina o Mundo con Firefox (Light the World with Firefox) no que suxiren que proxecten o logotipo do Firefox con proxectores de vídeo (ou con batsinais personalizadas), xogando coa luz e o Firefox (coma recreando o seu logo con velas nunha torta de aniversario) ou por o logotipo de Firefox no móbil, e tomarse fotografías amosándoo.

PUBLICIDADE