O Galiverso adáptase á cativada até o 5 de xaneiro
luns, 2 de xaneiro do 2023
A Cidade da Cultura comeza o ano cunha edición
especial da instalación de realidade virtual Galiverso, que poderá
visitarse até o 5 de xaneiro no andar -1 do Museo Centro Gaiás. Neste Galiverso
de Nadal, a rapazada a partir de 6 anos de idade poderá entrar na casa do
Apalpador e remexer no seu interior empregando tecnoloxÃas interactivas.
Esta nova experiencia organizada pola Xunta terá unha
duración duns cinco minutos aproximadamente, atendendo ás recomendacións dos
expertos para o uso deste tipo de lentes na cativada. Na casa do Apalpador os
máis pequenos poderán interactuar con varios xoguetes, deixar unha mensaxe virtual
no taboleiro ou mesmo sentar a carón desta figura mÃtica do Nadal galego para
recibir unha sorpresa.
Os maiores de 12 anos poderán acceder á oferta completa do Galiverso,
que conta a dÃa de hoxe cunha ducia de opcións máis para mergullarse en monumentos
e espazos naturais das catro provincias galegas sen saÃr da Cidade da Cultura.
Contemplar o solpor en Fisterra, as vistas da Coruña desde o
cumio da Torre de Hércules ou o canón do Sil desde as alturas forman parte do
catálogo actual de experiencias que se poden vivir no Museo Centro Gaiás. Tamén
internarse na cripta do Apóstolo en Santiago de Compostela, nos mosteiros de
Santa MarÃa a Real de Oseira e de Santo Estevo de Ribas de Sil, na torre de Xiá
en San Paio de Narla, no templo romano de Santa Baia de Bóveda ou nunha palloza
no Cebreiro, e percorrer a ponte romana de Ourense, a muralla de Lugo ou os
tellados da Catedral de Tui.
15 postos simultáneos
Cada sesión individual terá unha duración máxima de 20
minutos, durante a cal será posible viaxar a un ou varios lugares do Galiverso
desde un mapa virtual de Galicia. Cada destino conta, ademais, con textos e
audios explicativos en galego, castelán e inglés.
O Galiverso de Nadal dispón de 15 postos individuais
e poderá acoller unhas 275 visitas potenciais cada dÃa, en horario de 11,00 a
14,30 e de 16,00 a 20,00 horas. O acceso á instalación de realidade virtual é
gratuÃto.
Tras o Nadal, o Galiverso volverá a instalarse no
andar 0 do Museo Centro Gaiás, onde está a preparar toda unha nova serie de
experiencias inmersivas para gozar durante 2023.
Desde a súa apertura o pasado 20 de outubro na Cidade da
Cultura, o proxecto de realidade virtual, impulsado pola Xunta de Galicia a
través da ConsellerÃa de Cultura, Educación, FP e Universidades, recibiu máis
de 1.600 visitas.