O Google Chrome chega en forma de beta a Mac e Linux

mércores, 9 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Despois de longos meses de espera, os usuarios de Mac e Linux xa poden gozar de versións de proba (bastante rápidas e estables) do navegador Google Chrome que, aínda que non teñen aínda tantas prestacións como a versión oficial para Windows, apuntan maneiras, o que agradecerá o público que queira gozar de aplicacións web de Google, que habitualmente teñen un rendemento optimizado no navegador de compañía.
A versión para Windows tamén vén de renovarse, incorporando extensións, o que permitirá ampliar as súas posibilidades.

PUBLICIDADE