O Google Mini incorpora soporte do galego

martes, 27 de maio do 2008 Marcus Fernández

Google leva tempo vendendo uns dispositivos que permiten introducir a potencia do seu buscador ás redes corporativas, servido de grande utilidade para localizar documentos e moitos tipos de información, e a solución de menor escala deste tipo, Google Mini, actualízase incorporando novas prestacións como a posibilidade de explorar os ficheiros compartidos de xeito seguro (e servilos); permitindo valorar o peso dos documentos localizados segundo o servidor no que se atopen (atendendo a peticións dos usuarios) o que tamén se pode aplicar á data (de xeito que se presentan antes os ficheiros máis novos e, finalmente, engade o soporte de 6 novas linguas: vasco, catalán, polaco, grego, húngaro e galego.
O Mini de Google véndese en distintas versións, que parten dun modelo básico que pode indexar ata 50.000 documentos e se comercializa a 2.900 dólares. Tamén hai versións para ata 100.000, 200.000 e 300.000 documentos.

PUBLICIDADE