O Guitar Hero para DS utilizará un periférico especial

luns, 24 de marzo do 2008 Marcus Fernández

O popular xogo Guitar Hero contará cunha versión para Nintendo DS que nos EE.UU. sairá á venda o vindeiro 22 de xuño por 50 dólares, agardándose unha data de lanzamento semellante para o mercado europeo.
Guitar Hero: On Tour destacará por usar un novo periférico para a consola portátil de Nintendo que se chamará Guitar Grip (empuñadura de guitarra) e que conta con 4 botóns semellantes ós pulsadores das guitarras de Guitar Hero, e se conectará ó zócalo para Game Boy Advance da DS.
Para o uso deste periférico se collerá a consola coma se fose un libro (como tamén se fai cos xogos de Brain Training) e, mentres se pulsan os botóns do novo periférico, se poderá empregar o punteiro da DS a xeito de púa na pnatalla táctil da consola.
O xogo incluirá modos multixogador cooperativo e competitivo. Para facerse unha idea de cómo será este impresionante título, podemos ver o seu vídeo promocional:

PUBLICIDADE