O KDE 4.1 está galeguizado ao 100%

luns, 1 de decembro do 2008 Marcus Fernández

A adaptación ao galego de aplicacións informáticas é unha labor que cada día parece coidarse máis, e dende o Proxecto Trasno acadaron todo un fito co seu traballo de tradución do contorno KDE 4, que está completo ao 100% na súa versión estable(o que só conseguiron 5 equipos de tradución), mellorando incluso á tradución deste sistema ao español.
Pero non só o KDE 4.1 está traducido ao 100% ao galego, senón que a labor de tradución da versión 4.2 xa está completa no seu 96% (polo momento só 2 equipos de tradución conseguiron completala ao 100%) confirmando que a galeguización do software é todo un reto que se está a superar con éxito grazas ás entidades que o promoven e aos moitos voluntarios implicados.

PUBLICIDADE