O Magic Mouse de Apple xa é compatible con Windows

luns, 23 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Hai pouco máis dun mes Apple sorprendeu ao mundo cun novo rato informático, o Magic Mouse, que innovaba coa incorporación de tecnoloxía multi-táctil na súa parte superior, de xeito que en vez de botóns e roda de desprazamento funcionaba coma o Touchpad dun Macbook, pero tiña unha importante eiva: non era compatible con Windows.
Finalmente actualizaron o soporte de Bluetooth para os equipos de Apple que utilicen Windows XP e Vista a través de Boot Camp, de xeito que xa están dispoñibles os controladores para o Magic Mouse en versión de 32 bits e 64 bits.

PUBLICIDADE