O Mobile World Congress decepcionou pese ó éxito de asistencia
venres, 15 de febreiro do 2008
- O iPhone se puido ver no MWC, aÃnda que non se anunciou o seu lanzamento para España
Todo apuntaba a que o Mobile World Congress
converterÃa a Barcelona no centro do mundo da telefonÃa móbil durante esta
semana, con grandes presentación e novidades, pero a feira decepcionou por
distintos motivos como son os abusos dos hostaleiros cataláns (que cobraron
cantidades astronómicas polas estadÃas nestes dÃas) asà como polas grandes
ausencias.
O sector tecnolóxico agardaba que esta semana fose cando se anunciase o
lanzamento do iPhone para España e América Latina, asà como a presentación pública
de teléfonos funcionando coa plataforma móbil Android, pero nin Apple nin
Google fixeron acto de presenza na feira.
Se ben, varios fabricantes achegaron prototipos de móbiles cunha versión de
desenvolvemento de Android, só se puido botar unha lixeira ollada ás
posibilidades dunha plataforma móbil que pode dar moitos que falar se realmente
conta con apoio masivo dos fabricantes (o que non ten garantido, xa que moitas
das empresas asociadas ó proxecto tamén traballan con Windows Mobile, Symbian e
outros sistemas operativos propietarios). E no tocante o iPhone, estaba
presente o móbil de Apple, pero era no expositor da británica O2
(filial de Telefónica), ou sexa, que tódolos rumores que apuntaban para o
anuncio da versión do iPhone con conectividade 3G e dos novos plans de
lanzamento do móbil de Apple quedaron en nada.
Iso si, a sombra do iPhone é moi alongada, e non faltaron terminais móbiles de
case tódolos fabricantes que contaban con pantalla táctil, o que foi a
tendencia máis marcada (especialmente
polas pegadas nas pantallas dos móbiles) nesta
edición do Mobile World Congress, que bateu record
de asistencia.
Finalmente parece que o evento serviu basicamente para amosar en vivo os últimos
terminais que chegarán nos vindeiros meses ó mercado, e para que os distintos
medios de comunicación poidan tomar imaxes para ilustrar tales lanzamentos no
futuro.