O Observatorio de Ciencia e TecnoloxÃa Universitario de Galicia estrea páxina web
martes, 29 de abril do 2008
- A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, presentou en rolda de prensa a páxina web do Observatorio de Ciencia e TecnoloxÃa Universitario de Galicia (OCTUGA)
Laura Sánchez Piñón, conselleira de Educación e Ordenación Universitaria,
presentou hoxe a páxina web do Observatorio de
Ciencia e TecnoloxÃa Universitario de Galicia (OCTUGA) nun acto no que
tamén participaron Julio Abalde, director da Axencia para a Calidade do Sistema
Universitario de Galicia (ACSUG), e Rogelio Conde-Pumpido, director xeral de
Promoción CientÃfica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia (SUG).
A conselleira definiu o novo espazo coma «un escaparate virtual actualizado,
fiable e exhaustivo de estatÃsticas relacionadas co sector da investigación
universitaria e contextualizada no sistema de innovación galego» que permite «facer
un seguimento de todo o que ten que ver coa investigación no Sistema
Universitario de Galicia, xa que a medida deste axente proporciona unha mellor
comprensión do que sucede no conxunto da nosa I+D».
A nova páxina web foi desenvolvida coa participación das 3 universidades
galegas, ACSUG, o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia e o
Instituo de Xestión da Innovación e o Coñecemento de Valencia, e permite
acceder a datos coma o gasto en I+D do sector do ensino superior respecto do
PIB, que en Galicia era en 2006 do 0,35% e en España do 0,33%.