O OneWebDay promoverá en todo o mundo o acceso á Internet

xoves, 20 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Este sábado celébrase a segunda edición do OneWebDay, que é unha iniciativa que busca difundir unha visión positiva do que achegou a Internet ó mundo e, á vez, destacar os problemas de acceso e de fluxo da información.
O xeito de difundir a mensaxe desta celebración será con múltiples actos locais, de xeito que en Colombia abrirán quioscos públicos e impartirán talleres para introducir á xente de tódalas idades e substratos económicos á Rede; na africana República de Benín, dende o capítulo local de ISOC darán acceso de balde á Rede e participarán nun debate televisivo sobre o desenvolvemento do acceso á Internet; os cibercafés etíopes de Adís Abeba terán descontos (e voluntarios que axudarán á xente a conectarse); na cidade de New York celebrarán un evento coa participación de persoeiros coma os fundadores da Wikipedia, de Rocketboom e de NYCWireless; e tamén se celebrarán multitude de actos por todo o mundo, aínda que non sabemos de ningún en España.


Tim Berners-Lee promovendo o OneWebDay

PUBLICIDADE