O Parlamento insta á Xunta a obrigar ás operadoras a incluír o galego nos móbiles

venres, 11 de maio do 2007

Logo de que o parlamentario do BNG, Bieito Lobeira, presentara unha proposición non de lei para o seu debate en comisión na que reivindicaba, entre outras cousas, que os contratos que se subscribiran entre a Xunta e as compañías de móbiles, incluíran o galego nas opcións dos seus terminais e na atención ó cliente, o 10 de maio o Parlamento de Galicia instaba á Xunta a levar a cabo esta “condición” antes de asinar contrato algún coas operadoras de telefonía móbil.
A Comisión de Industria aprobou esta proposición non de lei, cos votos do PsdeG e do BNG e en contra do PP, quen aposta por empregar coas telefonías “a vía do convencemento e non da imposición”.

PUBLICIDADE