O Partido Comunista estreará unha web para levar a Aznar ante os tribunais

luns, 7 de maio do 2007

Diversas organizacións políticas e sociais constituíron unha plataforma a iniciativa do Partido Comunista de España que persigue a esixencia de responsabilidades políticas e xurídico-penais ó anterior presidente do Goberno de España, José María Aznar López, por mor da participación do noso Estado na guerra de Iraq (e as súas consecuencias).
Ata o momento a plataforma conformou 3 comisións de traballo, e nos vindeiros días activará una páxina web dende a que se informará do proceso dos traballos e do xeito de poder adherirse ós mesmos.

PUBLICIDADE