O Prime Day de Amazon foi todo un éxito en vendas

mércores, 13 de xullo do 2016 Marcus Fernández

A celebración do Prime Day por parte de Amazon está claro que trunfa, por ser unha fórmula de éxito moi elaborada, na que os consumidores non son quen de resistirse a promocións que parecen irrepetibles, e a súa última edición parece que non foi menos, e no balance que fixo a compañía aseguran ter rexistrado un incremento de vendas do 60% a nivel mundial (só un 50% nos EE.UU.) con respecto ao mesmo día do ano pasado, sendo unha xornada magnífica para venda de dispositivos propios de Amazon (que atoparon máximos históricos de vendas durante a xornada de onte) destacando especialmente o Fire TV Stick con 2,5 millóns e unidades vendidas (ese produto en Europa só está dispoñible en Reino Unido e Alemaña, pero é un atractivo trebello para dotar ao televisor de capacidades smart).
Dende Amazon aseguran ter vendido 2 millóns de xoguetes, 1 millón de pares de zapatos, 90.000 televisores, centos de milleiros de lectores de libros electrónicos Kindle, máis de 23.000 aspiradoras iRobot de Roomba, máis de 14.000 portátiles de Lenovo... en definitiva, que Amazon está conseguindo competir coas xornadas de promocións habituais das grandes cadeas de tendas de electrónica de consumo, algo difícil de crer hai uns anos, cando os consumidores non se atrevían a realizar compras de produtos de certo prezo a través da Rede.

PUBLICIDADE