O SERGAS optou pola virtualización na súa renovación de servidores

mércores, 1 de xullo do 2009 Marcus Fernández

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) desenvolveu durante 2008 un proceso de consolidación de servidores apiado na liña de produtos VMware, Infrastructure Enterprise, o que renovou a súa infraestrutura tecnolóxica, de xeito que valéndose da virtualización o SERGAS fíxose cunha plataforma de Tecnoloxías da Información estable, de ampla escalabilidade e rápido despregue.
Esta renovación de infraestrutura levou á substitución de 129 servidores físicos por servidores virtuais, reducíndose o tempo necesario para dotar de servidores a novos servizos, maior dispoñibilidade de sistemas, aforro de consumo enerxético (de 150 KW) e redución do espazo físico para o aloxamento do centro de datos.

PUBLICIDADE