O Salón Teatro, no Facebook

luns, 5 de outubro do 2009

O Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego (CDG), xa ten espazo propio de seu no Facebook. A páxina do escenario compostelán na rede social inclúe información de todo tipo sobre a compañía pública e sobre as diversas actividades escénicas ás que dá acubillo o Teatro ao longo do ano. Asemade, e tratándose dun espazo aberto nunha rede social, anima aos internautas a facer comunidade arredor da achega cultural do Salón.

PUBLICIDADE