O Sistema Nacional de Emprego lanza a súa propia web con ofertas laborais de toda España

luns, 16 de abril do 2007 Raquel Noya

Dende o pasado 2 de abril, o Sistema Nacional de Emprego (SNE), integrado polo servizo público de emprego estatal (o antigo Inem), e os departamentos públicos de emprego das comunidades autónomas, contan cunha páxina web propia, que pon a disposición dos usuarios tódalas súas ofertas e demandas de traballo e que lles permite ós demandantes e empresarios o acceso a catálogos en liña. Cómpre sinalar que os servizos públicos de emprego xestionan ó ano un millón de ofertas de traballo e case sete millóns de persoas solicitan trámites con estes departamentos cada ano. Coa posta en marcha desta páxina, créase un sitio común na Rede para posibilitar o coñecemento, por parte dos cidadáns, das ofertas e demandas de emprego e de oportunidades de formación existentes en toda España, e no resto dos países do Espazo Económico Europeo.
Ademais, a páxina tamén conecta cunha oficina virtual para xestionar as prestacións por desemprego e ofrece ós empresarios a posibilidade de comunicar virtualmente as contratacións efectuadas.
Este sitio garante a libre circulación de persoas e dende a súa posta en funcionamento, recibe máis de 7.000 consultas diarias.

PUBLICIDADE