O Wii Fit chegará ó Xapón en decembro

mércores, 10 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Moza practicando ioga no Wii Fit

Nintendo presentou na pasada edición do E3 a plataforma Wii Fit, que permitiría incrementar as posibilidades da súa consola doméstica levando a súa interacción a un nivel inédito, e agora xa se coñece e súa data de lanzamento no Xapón, que será o 1 de decembro ó prezo de 8.800 iens (uns 53 euros) e consiste nunha especie de felpudo sensible á presión (que a moitos pode lembrar a un step de aerobic) de xeito que detecta os movementos do xogador que está sobre o mesmo, permitindo xogar co propio corpo a distintos xogos.

Presentación de Wii Fit durante a feira E3

O Wii Fit fai doado así dar testarazos a balóns de fútbol, esquiar ou practicar ioga ou exercicios aeróbicos, seguindo o éxito acadado con Wii Sports, e que pretende manter o atractivo e atención da consola de Nintendo, que está a superar a outras plataformas moi superiores tecnicamente coma son a PS3 de Sony ou a Xbox 360 de Microsoft.
O lanzamento de Wii Fit a nivel mundial podería chegar a comezos de 2008.

PUBLICIDADE