O debate electoral entre Rubalcaba e Rajoy poderá verse en directo a través de YouTube

mércores, 2 de novembro do 2011 Marcus Fernández

YouTube en colaboración coa Axencia EFE puxo en marcha unha canle na que informar das Eleccións Xerais deste ano, dende a que publican multitude de información sobre o contido electoral dos partidos políticos españois que se presentan ás eleccións do vindeiro día 20 e favorecer a participación dos cidadáns no debate electoral, ao que agora anuncia que se sumará o debate televisivo que vai ter lugar o vindeiro día 7 e que enfrontará a Alfredo Pérez Rubalcaba (PSOE) e Mariano Rajoy (PP). Deste xeito, o debate organizado pola Academia de Televisión poderá seguirse en directo a través de YouTube, o que facilitará a súa recepción dende ordenadores e dispositivos móbiles que conten coa aplicación de YouTube.
A canle de YouTube das Eleccións Xerais recibiu ata o momento máis de 813.000 visitas, conta con preto de 600 subscritores e converteuse en todo un referente de información sobre a campaña electoral.

A canle electoral de YouTube recolle numerosa información sobre o contido electoral dos partidos políticos españois

PUBLICIDADE