O desenvolvemento de GeoTask centrará o XXVIII Betabeers Galicia

martes, 6 de xuño do 2017 Marcus Fernández

O vindeiro xoves de 20:00 a 21:30 horas o espazo de coworking na Avda. Novo Mesoiro da Coruña, WeKCo, vai servir de escenario, unha vez máis, para Betabeers Galicia, serie de encontros que chegará á súa edición número 28, e que consiste nun relatorio técnico e dunha presentación dun proxecto, que continuará cunha sesión de networking nun local de hostalaría próximo.
Nesta nova edición o encargado de impartir a charla técnica será Yago Modesto González Diéguez (Ensi Labs), quen explicará Como afrontar un proxecto de desenvolvemento con recursos escasos, apoiándose na súa experiencia co proxecto GeoTask, para o que casaron tecnoloxía como Angular, Ionic Angular, Spring Data, Retrofit, Hibernate Envers...
Aínda non se confirmou o proxecto que completará a xornada, pero unha vez máis lémbrase aos interesados en acudir ao evento que se inscriban vía web para xestionar axeitadamente o aforo desta actividade de balde.

PUBLICIDADE