O director xeral da Fundación Cotec reúnese este mércores con empresarios de Vigo para falar de innovación

martes, 27 de febreiro do 2007

O Club Financeiro de Vigo acolle este mércores 28 un almorzo coloquio entre os seus socios e o director xeral de Cotec, Juan Mulet, quen falará na xuntanza sobre a innovación como estratexia para competir no mercado global. O acto, que está organizado polo Foro de Xestión de Coñecemento, Innovación e Cambio Competitivo, intégrase no programa Aula de I+D da Xunta. A xuntanza dará comezo ás 14.00 horas (cunha rolda de prensa previa ás 13.30).
Cómpre sinalar que Cotec é unha fundación de orixe empresarial que ten como principal obxectivo a promoción da cultura tecnolóxica e as actitudes anovadoras, amais de contribuír ó coñecemento dos cambios que as novas canles de comunicación imprimen ás empresas e á sociedade en xeral.

PUBLICIDADE