O dominios .eu aceptarán carácteres internacionais

venres, 26 de xuño do 2009 Marcus Fernández

A Comisión Europea aprobou emendas sobre a normativa 874/2004 que regula o funcionamento do dominio de primeiro nivel .eu para facelo compatible cos nomes de dominios internacionalizados (IDN) de xeito que o ñ, os acentos e os carácteres en linguas non latinas (coma as escrituras grega e cirílica) poderán utilizarse en dominios de Internet co sufixo .eu.
Esta medida non só será ben recibida dende España, senón que os búlgaros, os gregos ou o chipriotas aínda a verán con mellores ollos, xa que permítelles rexistrar dominios europeos nas súas linguas. Agora deberán axustar as normativas necesarias, de xeito que o novo sistema de dominios podería estar dispoñible no outono.
Nos 3 anos que leva en funcionamento o sistema de dominios europeos chegou aos 3 millóns de rexistros (só 70.000 dende España) e a incorporación dos dominios internacionalizados podería contribuír ao incremento deste dominio de primeiro nivel, como tamén o fixo a súa redución de prezos (partiron dos 10 euros e actualmente están en 4 euros).

PUBLICIDADE