O enfrontamento verbal entre Juan Carlos I e Hugo Chávez inspira moitas parodias na Rede

luns, 12 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Durante a pasada fin de semana a actualidade informativa centrouse na clausura da XVII Cumbre Iberoamericana, onde Juan Carlos I, Rei de España, espetou Hugo Chávez, presidente de Venezuela, un «¿por qué no te callas?» ante as constantes interrupcións que o mandatario venezolano facía durante unha interrupción do presidente español, José Luis Rodríguez Zapatero. Pero na Internet o incidente burocrático se converteu nunha clara inspiración para o humor, e xa circulan ducias de montaxes fotográficas, sonoras e de vídeo e mesmo un concurso.

Chapas que se entregan coma premio no concurso de Cogiendocaracoles.com

A web Cogiendocaracoles.com decidiu servir de receptor de chistes gráficos ou audiovisuais sobre o Rei rifando a Hugo Chávez, entregando 3 premios ás mellores creación, de xeito que xa podemos ver moitas imaxes de distinto nivel de calidade e graza como unha parodia de El Chavo del 8, a adaptación do momento como viñeta cómica, o gañán de La Hora Chanante berrando ó presidente venezolano ou o Leónidas de 300 ocupando o lugar do Rei no polémico momento.
Tamén hai que quixo ver ó Rei e a Chávez nun combate ó máis puro estilo do Street Fighter e quen comentaba a xeito de broma a existencia dun servizo de politonos para o móbil coa frase de moda, o que non quedou moi afastado da realidade, xa que pola web xa circulan distintos sons baseados na frase de Juan Carlos I e adaptados para o seu uso coma ton de chamada.
No tocante a vídeos, e YouTube están a recibir moitas visitas tanto as imaxes emitidas polos informativos sobre a polémica como as parodias nas que se mestura o acontecido con intervencións de Chiquito de la Calzada, co esquío dramático ou mesmo aproveitan a ocasión para lembrar intervencións pre-constitucionais do Rei (criticando que un xefe de Estado non electo mande calar a outro elixido democraticamente).

PUBLICIDADE