O escenario dixital do audiovisual e os videoxogos a debate en Compostela

mércores, 16 de novembro do 2011 Marcus Fernández

O Cluster Audiovisual Galego organiza o vindeiro día 25 no Hotel Araguaney de Santiago de Compostela un dos seus foros estratéxicos baixo o título de O Escenario Dixital: incertezas, oportunidades e desafíos, no que compañías como Continental Producciones, Electronic Arts, Moonbite Games, ONO, R e Filmutea coincidirán en 3 mesas redondas que abordarán temas como o proceso creativo e os modelos de xestión, o mercado internacional de videoxgos e as posibilidades das canles de televisión temáticas e o vídeo baixo demanda.
A xornada desenvolverase durante a mañá do último venres deste mes co seguinte programa:

· 9:00 – Recepción e entrega de documentación
· 9:15 – Inauguración
· 9:30 – Mesa I: Iniciativas crossmedia desenvolvidas baixo fórmulas de participación colectiva. Retos no proceso creativo e nos modelos de xestión.
Participan Gemma Dunjó (Filmutea) e Paula Cons (Continental Producciones)
· 11:00 – Pausa
· 11:30 – Mesa II: O mercado internacional de videoxogos: estratexias de negocio para as pequenas empresas
Participan María Sayáns (Electronic Arts) e Carlos Fernández (Moonbite Games)
· 13:00 – Pausa
· 13:30 – Mesa III: Oportunidades de negocio no ámbito das canles temáticas e produtos VOD. Estratexias de negocio para as pequenas empresas.
Participan Carlos Navia (ONO) e Alfonso Martínez (R)
· 15:00 Clausura

PUBLICIDADE