O firmware aberto Rockbox 3.0 revitaliza vellos reprodutores de MP3

venres, 26 de setembro do 2008 Marcus Fernández

As vantaxes da instalación de Rockbox 3.0 nos reprodutores multimedia son evidentes

Os usuarios de reprodutores musicais coma os iPod (entre a primeira e a quinta xeración), os Archos (Jukebox 5000, 6000, Studio, Recorder, FM Recorder, Recorder V2 e Ondio), os Cowon iAudio (X5, X5V, X5L, M5, M5L, M3 e M3L), iriver (H100, H300 e H10), Olympus M:Robe 100, Sandis Sansa (c200, e200 e e200R) e Toshiba Gigabit das series X e F poden darlles unha segunda vida grazas a Rockbox 3.0, un firmware alternativo de código aberto que permite incorporar novas prestacións aos mencionados reprodutores coma codecs adicionais (coma FLAC ou Ogg), control de volume máis preciso, temas gráficos, fundido de son entre cancións, normalización de volume, portadas de discos, visualización de imaxes JPEG e vídeos MPEG, soporte multilingüe (incluíndo español e galego) e mesmo xogos, de xeito que certos dispositivos que poderiamos considerar obsoletos abrirían a porta a toda unha serie de prestacións moi atractivas, á vez que permite liberar aos iPod da tiranía de iTunes.

PUBLICIDADE