O fundador de Instagramers visita A Coruña esta semana

luns, 14 de outubro do 2019 Marcus Fernández

Phil González, experto en comunicación dixital que en 2011 creou Instagramers, a meirande comunidade de seareiros de Instagram a nivel mundial, e en 2014 a Instagramers Gallery (Fundación Telefónica); coñecido tamén por traballos editoriais como o libro Instagram, ¡mucho más que fotos!, a súa continuación Instagram y más! Instagram Stories, Live y Vídeos, así como a colaboración con Jimmy Pons no recente libro Máster en Desconexión Digital; visitará o vindeiro xoves A Coruña para participar nun #ACMeet, un encontro con artistas e emprendedores que terá lugar a partires das 19:30 horas no AC Hotel A Coruña (sito na rúa Enrique Mariñas).
Neste encontro participará a deseñadora de xoias feitas a man María Lazuli, encargándose Phil González de animar a charla. O formato desta actividade fai que esteamos ante un evento de aforo moi limitado.

PUBLICIDADE