O mando de Stadia poderá aproveitarse como mando Bluetooth
venres, 13 de xaneiro do 2023
A finais de setembro Google anunciou que o seu servizo de
xogos na nube, Stadia,
botarÃa o peche o vindeiro 18 de xaneiro, devolvendo aos usuarios os cartos
que investisen na compra de xogos na plataforma e tamén aos que adquirisen os
mandos oficiais de Stadia directamente a Google.
Pero devolver aos cartos e facer que os mandos de Google Stadia se convertesen
nun refugallo electrónico tras moi pouco tempo de uso non parecÃa algo
responsable, e dende Google veñen de confirmar que a semana que
vén van publicar unha ferramenta que facilitará a activación da conexión Bluetooth
no mando de Stadia, o que permitirá seguir a empregar ese accesorio en
ordenadores persoais e dispositivos móbiles, conseguindo asà darlle unha
segunda vida que probablemente sexa aÃnda moi longa, xa que estamos ante un
dispositivo de bastante calidade.