O mapa en liña do Camiño, pendente de melloras na zona vella de Santiago

luns, 5 de xullo do 2010 Fernando Sarasketa

Semella que a tecnoloxía non o pode todo, por moito que se emperrenchen no contrario os usuarios dos trebellos máis innovadores e rechamantes. Xa podes ter o aparello con GPS máis avanzado, que é moi probable que acabes ollando en fite unha parede de pedra na zona vella de Santiago se confías a cegas nas funcionalidades do gadget en cuestión. Segundo fai saber El Correo Gallego, o casco antigo da cidade non lle dá moito xogo ao GPS, en parte polo enleado das súas rúas e en parte porque é probable que o mapa oficial en liña do Camiño estea pendente dunha serie de melloras.
O caso é que como dixemos o GPS extravíase en maior ou menor medida, máis polo miúdo á hora de marcar sobre as imaxes aéreas de Compostela os roteiros dos trazados do Camiño.
Isto é especialmente salientable na Vía da Prata, onde nos mapas indícaselles aso visitantes que pasen por enriba dos tellados dende a Fonte de San Antonio para chegar deste xeito á Catedral. Algo semellante, aínda que se entrar no terreo no impracticable, é o que acontece neste mesmo trazado se o percorremos pola Calzada de Sar, á entrada da zona vella dende Ourense, onde se convida aos peregrinos a percorrer Sar de Afora, que está fóra do itinerario oficial.

PUBLICIDADE