O marketplace de Pontevedra entrega unha cesta virtual valorada en máis de 1.000 euros

martes, 22 de decembro do 2020 Redacción

A plataforma de comercio electrónico e-ponte.com, impulsada en Pontevedra (dan man do Concello e #PonteLovers) para achegar aos negocios locais ás vantaxes anti-crise de contaren cun marketplace de seu, deu a coñecer o nome da persoa premiada no seu sorteo de Nadal, cuxo agasallo consistiu nunha cesta virtual de Nadal valorada en máis de 1.000 euros. A gañadora foi finalmente Silvia Laredo Quinteiro, veciña de Moraña.
A cesta foi sumando agasallados achegados por diferentes negocios rexistrados no portal de ecommerce ate acadar un valor de máis de 1.000 euros (inicialmente era duns 900). A listaxe de presentes incluíu un vale de 150 euros para gastar no marketplace pontevedrés, unha sesión de fotos e unha longa listaxe de produtos de alimentación e servizos variados de beleza, entre outras cousas directamente relacionadas coas festas do Nadal.

PUBLICIDADE