O monitor 3D de Sony para a PS3 non chegará a Europa ata 2012

mércores, 23 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Durante a pasada edición do E3 de Los Angeles Sony anunciou que lía pór á venda un monitor 3D pensado para á PlayStation 3 e que chegaría ao mercado a un prezo axustado (499 euros, incluíndo lentes 3D e cable HDMI), pero este produto parece comezar con mal pé, pois veñen de confirmar que esta pantalla 3D que destacaba por soportar a tecnoloxía SimulView (que permite aproveitar as lentes 3D para amosar imaxes distintas a 2 xogadores fuxindo da tradicional pantalla partida) non chegará ao mercado europeo a tempo para a campaña de Nadal, quedando a súa comercialización para 2012 e perdendo unha excelente oportunidade.
Pero iso non é o único negativo sobre esta pantalla, senón que as súas primeiras análises comezan a atoparlle problemas, como os seus excesivos reflexos, a falta de mando a distancia (para elixir entre distintas fontes, pois os botóns integrados están pouco accesibles) e un tamaño de só 23,5 polgadas que fai que a idea de xogar a dobres facendo uso do SimulView sexa unha experiencia pouco satisfactoria (pola incomodidade de ter que achegarse ao monitor para poder ver ben, de xeito que os distintos xogadores estarían ombro con ombro).

PUBLICIDADE