O motor Frostbite está a adaptarse a dispositivos móbiles

mércores, 15 de maio do 2013 Marcus Fernández

O estudo de videoxogos DICE desenvolver o motor Frostbite para o xogo Battlefield: Bad Company, evolucionando para empregarse nas seguintes entregas da franquía e incluso en xogos como Need for Speed: The Run, acadando un nivel de calidade tan alto que fai que Electronic Arts optase por esta tecnoloxía para os vindeiros xogos de Star Wars, que funcionarán con Frostbite 3 como o agardado Battlefield 4. Pero este motor é moi esixente, de xeito que, aínda que estea a levar á PS4 e á sucesora da Xbox 360 (deixando fóra á Wii U), e como os seus responsables non queren pecharse portas, comentan na súa nova páxina web que están a preparar o Frostbite Go, versión que estaría orientada a dispositivos móbiles, que actualmente xa gozan dun nivel gráfico case á altura das consolas domésticas actuais, de aí que precisen de motores tan potentes e versátiles para as súas producións, beneficiándose especialmente do traslado de fluxos de traballo consolidados entre desenvolvedores de xogos para plataformas domésticas.
A compañía que tirará proveito de Frostbite Go será EA, que cada vez conta cunha maior presenta en dispositivos móbiles trasladando as súas grandes franquías a estas emerxentes plataformas. Deste xeito, EA terao doado para comercializar títulos para as consolas actuais e de nova xeración, así como para dispositivos con iOS e Android.

PUBLICIDADE