O nº 96 da nosa edición impresa celebra os 10 anos de Codigocero.com

domingo, 24 de xullo do 2011 Marcus Fernández

Coma todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención ao décimo aniversario de codigocero.com, facendo un pequeno repaso por estes anos e amosando a visión persoal que sobre o proxecto teñen persoeiros do sector TIC como Javier García Tobío (CESGA), Fernando Suárez (CPEIG), Marcos Mata (CPETIG), Jorge Cebreiros (Ineo) e Manuel Gago (Culturagalega.org) entre outros.
Outros temas que destacamos neste número son os seguintes:
- Inaugurada oficialmente a Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI)
- Blusens mellora o seu web:tv
- Wuaki.TV: novo servizo de aluguer de vídeo
- Páxinas Galegas presente a súa ferramenta móbil con xeolocalización
- Intermax amosa en detalle a súa proposta para levar a Rede a 300.000 galegos do rural
- Ayco e Pellejeor amosan os resultados da súa experiencia TIC no transporte

PUBLICIDADE