O novo Dashboard da Xbox 360 reduce o tamaño das instalacións en disco duro

luns, 3 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Nos últimos días milleiros de usuarios de todo o mundo están a probar o novo Dashboard da Xbox 360 antes do seu lanzamento oficial programado para a semana que vén, e percibiron unha novidade da que non se tiña falado: os xogos instalados no disco duro ocupan menos que antes.
O aforro de espazo en disco é moi variable, e así algúns xogos apenas aforran o 3% do espazo ocupado, mentres que outros chegan a reducir o seu tamaño un 26%. Segundo parece, a redución do tamaño non afecta ao rendemento dos xogos, o que tamén significa que non se puido arranxar o feito de que algúns títulos (coma Halo 3) teñan un mal rendemento dende disco duro porque foron deseñados pensando no seu almacenamento en DVD, polo que falar de xeito xeral deste asunto resultaría arbitrario.

PUBLICIDADE